Moi boas de novo a todos e todas! Despois duns días de desconexión, volvemos cargadas de enerxía para afrontar o segundo trimestre. De cara este, queremos deixarmos por aquí algunhas reflexións que consideramos esenciais para acadar os obxectivos académicos desexados.

1. O primeiro trimestre é unha adaptación ao novo curso. Durante eses meses, o alumnado coñece a forma de traballar de novos profes, así como tamén novas materias e novos contidos, e polo tanto tamén novas formas de avaliar. Iso pode facer que ao principio pensen que están algo perdidos, mais é cuestión de tempo que se adapten a esa nova situación e sepan sobrelevala satisfactoriamente. Por outro lado, o propio alumnado aproveita este tempo para estimar cal é o esforzo necesario que debe levar a cabo para superar as materias, e esta estimación a veces pode ser errónea. Non hai problema! Se os resultados do primeiro trimestre non foron satisfactorios, estamos a tempo de melloralos. En caso contrario, noraboa, seguiremos así!

2. A clave do éxito é facer un pouco día a día. Isto comentámolo constantemente, desde os máis pequenos ata os maiores da academia. De nada serve (sobretodo nos cursos máis altos), saturarse os últimos días, estar sen durmir, privarse de realizar actividade física, etc. Moitas veces estas situacións provocan un agobio e cansancio excesivo que non nos axudará nada de cara a enfrontar os exames finais. Pois o proceso de estudo é moito máis ca iso, e necesita dun equilibrio. Equilibrio entre o tempo que pasamos adquirindo novos coñecementos e o tempo que pasamos socializando, tomando o aire, facendo deporte ou calquera outra actividade que nos axude a despexar. Sen ese tempo de descanso, é moi complicado que o noso cerebro funcione ben cando estamos estudando. É por isto que a mellor forma de afrontar un curso sempre é levando as cousas ao día, dedicarlle sempre un tempo diario a cada materia, ainda que sexa breve, pero que evite unha aglomeración de cara aos exames.

3. É esencial facer autocrítica. Consideramos que moitas veces o alumnado non é consciente das súas capacidades e implicación. Cremos que sempre poden dar un pouquiño máis e isto pode verse reflexado nos resultados finais.

4. Desde a academia aproveitamos os tempos de descanso do periodo lectivo (neste caso o Nadal) para seguir reforzando os contidos que causan máis dificultades. Sen a presión de entregar traballos e sen ter exames, o alumnado nestes días pode compaxinar moito mellor o seu tempo de ocio e disfrute destas fechas asi como unhas horiñas semanais para seguir mellorando.

Por último, facendo mención ao Nadal, deixámosvos por aquí a imaxe duns detalles que os Reis Magos tiveron coas nosas profes, en agradecemento á súa dedicación e esforzo diario con todo o alumnado.

Esperamos que disfrutásedes estes días e recargárades as pilas. Volvemos e imos a por máis!