Bo día a todos e todas. Aquí estamos de novo. Hoxe é para darvos as grazas de todo corazón.

O pasado 1 de abril, fixo 4 anos desde que a academia abriu as súas portas. Ao principio, sen moitas espectativas e con todos os medos posibles. Catro anos despois, podemos dicir que nin nos nosos mellores soños pensábamos que a situación actual sería a que temos:

  • Pasar de unha profe para todo o alumnado, a tres profes distintas, cada unha para unha etapa educativa diferente.
  • Adquirir novos retos a diario, tanto educativos como persoais.
  • Novas propostas con máis e menos éxito, pero sempre coa mesma ilusión.

Todo o que comezou como unha proba, agora convirteuse en algo sólido e ao que lle poñemos gran empeño e ilusión continuamente, coa finalidade de ofrecer o mellor servizo posible. E todo isto non podería darse sen a vosa confianza plena en nós, tanto os que levades ano tras ano con nós desde os nosos comezos, como os que vos ides incorporando pouco a pouco. Non temos palabras de agradecemento para todo o que nos dades. Só esperamos compensalo facendo o noso traballo o mellor que podemos, escoitando as vosas preferencias e adaptándonos a elas, intentando distinguirnos e dando a nosa mellor versión día tras día, e clase tras clase. Algo que sen dúbida nos caracteriza, é que tratamos a cada alumno/a como se fose familia, preocupándonos pola súa mellora de maneira profesional e persoal. E isto é algo que marca a diferenza. Só podemos prometervos que aquí seguiremos, todos os anos posibles, mentres precisedes da nosa axuda, e actualizándonos co mundo que nos rodea sempre que a situación o precise.

Unha vez máis, 4 anos abertos son 1461 días, 1461 días nos que a nosa principal implicación e preocupación fóstedes e seguiredes sendo vós. Asi que, 1461 grazas por todas estas aventuras, esperamos que nos sigades acompañando moitas máis!

Para rematar, por aquí deixamos algunha das vosas mensaxes que recibimos durante os últimos meses, e que deixan constancia da vosa conformidade e satisfacción coa nosa labor, o que non nos pode facer máis felices.