Levamos catro anos en Boiro traballando sempre do mesmo xeito: grupos pequenos, unha explicación centrada na dúbida real do alumno, e moito coidado en que ninguén avance sen entender de verdade o que está a facer.

Nunca lle puxeramos nome a iso. Agora si: Metodoloxía EVA — Entender, Validar, Avanzar.

O logo cambiou por iso. Non porque queiramos ser outra cousa, senón porque por fin dicimos claramente como traballamos.

Entender

Cada sesión, o alumnado trae a materia ou o punto concreto que non entende. A profesora fai unha explicación breve, centrada nesa dúbida exacta. Sen rodeos, sen perder tempo en cousas que xa se saben.

Validar

Aquí está o paso que máis diferenza a marca. Comprobamos que se entendeu ben a explicación e que se saben resolver os exercicios. Pero cando xorde unha dúbida ou un erro, non damos a resposta feita: traballamos por indagación, con preguntas que levan ó alumnado a pensar e atopar el mesmo a solución. É máis lento no momento, pero é o que fai que o aprendizaxe quede.

Avanzar

Co concepto xa entendido e validado, o alumnado aplica o aprendido e supera novos retos. Non se trata de acumular horas de estudo, senón de gañar confianza real. Cada sesión remata cun obxectivo claro: saber facer algo que antes non se sabía.

Por que grupos de 4

Nada disto funciona con quince alumnos á vez. A indagación, sobre todo, esixe tempo individual — hai que escoitar a cada rapaz, entender onde está o seu erro de pensamento, e acompañalo sen darlle a resposta. Con catro alumnos por hora, iso é posible. Con máis, dedícase á explicación, non a pensar xunto ao alumno.

O de sempre, agora con nome

Se levas anos connosco, isto non che vai soar novo — é como sempre traballamos. Simplemente agora témolo escrito, cun nome propio, e cremos que paga a pena contalo así de claro.

💬 Se tes calquera dúbida sobre como traballamos, escríbenos ao 674 473 660.