Dende a academia, a semana pasada abordamos a festa popular dos Maios a través do material didáctico de “Pido papas” que nos permite enfocar o traballo desta tradición de forma lúdica. En primeiro lugar, incidimos na comprensión lectora para facer un primeiro achegamento e contextualizar a temática a traballar. Logo, cunha sopa de letras traballamos léxico relacionado, a discriminación visual e a atención. Finalmente, para rematar a sesión realizamos unha tarefa para profundar na relación entre as palabras e os seus significados e así mellorar a precisión lingüística ó tempo que seguimos procurando incrementar o seu vocabulario.

