Bo día a todos e todas! Estamos encantadas de ter este novo espazo de comunicación directa con todos os visitantes da nosa páxina web.


En primeiro lugar gustaríanos agradecer a acollida da páxina, e seguimos desexando que vos guste tanto como a nós. Aquí, podedes coñecernos un pouquiño máis, tanto ao equipo que formamos como á forma na que traballamos e os servizos que ofrecemos.


Neste apartado en concreto, iremos publicando as novidades que van xurdindo na academia ao longo do curso académico.
Para comezar, deixámosvos por aquí os últimos traballos que fixeron os máis peques, tanto no samaín como no Nadal. Agora, andan preparando cousiñas para San Valentín que pronto tamén publicaremos.
Gustaríanos tamén, por último, remarcar que seguimos tendo sitio dispoñible, para todas as idades, só tendes que poñervos en contacto e axustarémosvos ás vosas necesidades.
Con moito cariño, o equipo de Academia Eva.