Moi boas unha vez máis!
Tíñamos pendente publicar a actividade coa que traballamos o 8M. Encantaríanos que ese día non tivera que existir, pois iso significaría que viviríamos nun mundo no que a desigualdade e violencia de xénero non protagonizan o día a día na nosa sociedade. Sen embargo, non é así. É por este motivo que consideramos que a educación é a base a partir da cal podemos chegar a construír unha cidadanía sana e segura para todos e todas. Polo tanto, gústanos aportar o noso gran de area dándolle a coñecer aos máis pequenos da academia que é ese día e en que consiste. Por iso, lles plantexamos as seguintes cuestións, que tiveron que responder logo de ler un pequeno texto informativo:
- Que é o día 8 de marzo?
- Cal é a importancia deste día?
- Que mulleres importantes hai na túa vida?
- Que podemos facer nas escolas para que todos os nenos e nenas se sintan iguais?
Logo de contestar a estas preguntas, comentamos de maneira oral as respostas e as distintas reflexións e experiencias sobre o tema. Desta maneira, facemos que constrúan o seu propio coñecemento sobre o tema e sexan quen de diferenzar entre as conductas que están ben e as que non.
