Moi boas a tod@s!

Un ano máis, deixamos por aquí algunhas actividades realizadas durante as vacacións de entroido polos máis pequenos da academia. Como xa sabedes, aproveitamos sempre estes días para mellorar habilidades pero sempre coa temática da festividade. Esta vez, cun texto que os peques tiñan que ler e contestar preguntas curtas sobre el, e tamén cunha sopa de letras na que podían atopar conceptos clave destes días, cos que logo traballamos sobre eles de maneira oral. Desta maneira, os nenos e nenas contan as súas experiencias e coñecen tamén as dos seus compañeiros, enriquecendo a súa idea sobre o entroido.