Despois de case 4 anos desde a apertura de portas da academia, por fin se saberá con certeza a nosa ubicación. Desde a semana pasada, temos un rótulo na fachada do edificio onde estamos. Desta maneira, moitas persoas que antes non sabían onde nos atopábamos, agora xa o saberán sen necesidade de ter que explicalo constantemente. Esperamos que cando pasedes por aquí o observedes e vos guste tanto como a nós. Nel intentamos reflexar de maneira simplificada as nosas principais actividades de traballo, ainda que a nosa labor vai moito máis alá! Tamén deixamos o noso número de teléfono, para que calqueira que o vexa se poda poñer en contacto con nós directamente.

Estamos moi contentas desta pequena novidade, pois é un símbolo de que a academia funciona ben 4 anos despois e segue crecendo pouquiño a pouquiño grazas ao noso traballo e sobre todo á vosa confianza!
