Bo día a tod@s!

Hoxe vimos a deixar unha pequena dedicación para todo o alumnado de 4ºESO que o venres pasado rematou o curso académico e obtivo o seu graduado escolar.

Algúns deles levaban connosco desde o comezo da ESO (outros incluso desde antes) e outros comezaron con nós ao longo deste curso. Todos eles iguais de importantes para nós, polos que nos implicamos a diario para que pouco a pouco fosen mellorando. Pero o mérito non foi só noso, senón principalmente de cada alumno e alumna que se esforzou para conseguilo. Para nós, foi un auténtico pracer ver a vosa evolución e felicidade ante a consecución do voso máximo obxectivo.

Na academia, temos moitos alumnos e alumnas dese curso, e o pasado 20 de xuño puidemos asistir á graduación que fixeron os do IES A Cachada. Alí, emocionámonos escoitando os vosos discursos, vendo a relación que construístes ao longo destes anos entre vós e tamén co profesorado, e esperamos que nós tamén formemos parte dos vosos recordos desta etapa.

Para rematar, utilizaremos dúas frases que algúns de vós dixéstes nos vosos discursos. A primeira é, que isto non é un final, senón un comezo. E a segunda, que o profesorado que vos acompañou nesta etapa, non só vos ensinou materias, senon tamén a vivir e a convivir.

Moitas grazas de todo corazón a todos vós por deixarnos formar parte desta experiencia.

Con moito cariño,

Eva