Bo día!
A semana pasada publicamos nas nosas redes sociais o cartel do Campamento
Educativo que queremos levar a cabo durante este verán. Aquí, queremos
detallarvos un pouquiño máis en que consistirá e todos os servizo que incluirá.


Como xa comentamos no noso Instagram (academia_eva), o campamento que
organizamos dende a academia será levado a cabo por unha Profesora de
Educación Primaria que ademais está especializada en Atención á Diversidade.
Todas as actividades están programadas semana a semana, día a día e dentro
de cada día, están organizados tamén os tempos, aínda que sabemos que isto
pode sufrir variacións inesperadas que tamén temos en conta.


Con este programa, pretendemos incluír e traballar as competencias e
habilidades para favorecer un adecuado desenvolvemento do alumnado.

  • O reforzo de conceptos educativos que foron traballados na aula durante
    o curso, dunha forma máis dinámica e divertida para eles. Por exemplo:
    • As operacións matemáticas mediante xogos
    • A expresión oral e escrita nas diferentes linguas con entrevistas e
      obras de teatro
    • A análise xeográfica e social da contorna e o coñecemento da ciencia
      a través de experimentos.
    • Todo isto será traballado con actividades prácticas, ao aire libre e nun
      entorno real, no que deberán observar o ambiente que nos rodea e así
      comprender a utilidade de todas istas ferramentas.
  • Acompañaremos este enfoque cun potenciamento e favorecemento da
    actividade física, pois consideramos que é fundamental para unha boa
    saúde e rendemento físico e psicolóxico.
  • Enfocáremonos tamén no desenvolvemento de habilidades sociais,
    dentro do propio grupo do campamento como tamén relacionándonos con
    entidades que teñen unha labor social e benéfica. Así, tamén
    traballaremos a xestión emocional do alumnado, o que nos permitirá
    afrontar as diversas situacións que se darán durante o desenvolvemento
    do campamento.
  • Dentro das actividades máis lúdicas, incluiranse tamén algúns xogos
    tradicionais, para que poidan coñecer como os nenos e nenas ocupaban
    o seu tempo antes do gran avance tecnolóxico que temos hoxe en día.

Con todo isto, o que pretendemos ofrecer é un campamento o máis completo
posible, no que os nenos e nenas disfruten do verán ao mesmo tempo que
melloren as súas capacidades no máis amplo sentido da palabra.